sábado, 31 de mayo de 2008

Blogs

Este é o blog que elixín para analizar sobre educación en xeral.

Titulase “El cole de la fantasía” e a súa dirección é a seguinte:

http://coledelafantasia.blogspot.com/

Trátese dun blog creado por unha mestra do colexio “Jorge Manrique” (Ciudad Real) pero o presenta como se fosen os rapaces os que fan o blog. Polo que vin ela chamase Montserrat e fai de webmaster da páxina web e do blog da escola.

Neste blog presenta as actividades máis representativas que os rapaces fan na escola.

Colga fotografías das actividades. Como por exemplo na altuma actividade titulada “Danzas del mundo” onde se vían os rapaces bailar.

O blog paréceme bastante completo. Ademais ten vinculadas moitas páxinas onde se pode imprimir debuxos para colear, ler, e seguir aprendendo na casa.

Deste xeito os pais poden ver as actividades que os seus fillos realizan na escola e poder participar máis activamente.

O blog que elixín sobre educación musical ten a seguinte dirección:

http://nosvemosenelblog.blogspot.com/

Tratase dun blog creado por unha mestra de secundaria. O fin de este blog é poder seguir aprendendo intercambiando ideas fora da aula.

É un blog moi educativo na que a profesora expón diversos temas. Sérvelle para profundizar máis nalgúns temas.

Neste blog presenta fotografías da aula de música, vídeos que podes interesar os rapaces sobre música, un buscador, novidades de interese, enlaces coa páxina da universidade de Albacete, blogs e webs relacionadas coa música, buscador de archivos MIDI, Blogs e Webs sobre educación e as Tics, etc.

Paréceme moi interesante é un bo medio para que os rapaces segan aprendendo.

No hay comentarios: